O Xestor enerxético
Cando lemos o tríptico da familia profesional
de Enerxía e auga atopámonos con que unha das saídas laborais do noso ciclo é a
de xestor enerxético, pero ¿que é e cales son as súas funcións?
Repasando a diferente normativa atopamos
moitas definicións e intentos de
recoñecemento oficial a escala continental, pero é no Decreto-lei 1/2014 da
Junta de Andalucía onde atopamos unha definición oficial:
Titulado
técnico competente que realiza o informe de Avaliación do edificio, nos casos
preceptivos, estuda e proxecta as medidas de eficiencia enerxética, participa
na dirección de obra, subscribe o correspondente certificado final de obra e
deseña o plan de xestión enerxética do edificio.
A entrada en vigor da directiva UNE-EN
16001:2010 xera as especificacións dunSistema de xestión enerxética similar aos
existentes para xestiona-la calidade ou os factores medioambientais.O frustrado anteproxecto de Lei de aforro,
eficiencia enerxética e enerxías renovables de 2011 asignáballe as seguintes
funcións:
Seguimento
do consumo de enerxía no edificio
Estudios
comparativos de consumo enerxético e emisións de CO2, para detectar desviacións e propoñer alternativas de mellora
Realizar,
aplicar, manter e vixiar un programa de funcionamento das instalacións e
equipos consumidores de enerxía co fin de da-lo servizo demandado cun custo de
enerxía mínimo.
Subministro
de enerxía, supervisando a contratación, a xestión, os orzamentos, etc.
Vixiancia
da normativa
A norma ISO 50001 non inclúe unha definición
da figura do xestor enerxético,pero si que incorpora a definición dos elementos
fundamentais que debe incluír un sistema de xestión da enerxía e a figura do
equipo de xestión da enerxía, como a persoa ou persoas responsables da
implementación eficaz das actividades do sistema de xestión da enerxía e da
realización de melloras no desempeño enerxético.
A pesar de todo isto, ata que se regule con
normativa de obrigado cumprimento, o papel do xestor enerxético non estará
realmente controlado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario