martes, 20 de outubro de 2015

O Xestor enerxético
Cando lemos o tríptico da familia profesional de Enerxía e auga atopámonos con que unha das saídas laborais do noso ciclo é a de xestor enerxético, pero ¿que é e cales son as súas funcións?

Repasando a diferente normativa atopamos moitas  definicións e intentos de recoñecemento oficial a escala continental, pero é no Decreto-lei 1/2014 da Junta de Andalucía onde atopamos unha definición oficial:
                Titulado técnico competente que realiza o informe de Avaliación do edificio, nos casos preceptivos, estuda e proxecta as medidas de eficiencia enerxética, participa na dirección de obra, subscribe o correspondente certificado final de obra e deseña o plan de xestión enerxética do edificio.

A entrada en vigor da directiva UNE-EN 16001:2010 xera as especificacións dunSistema de xestión enerxética similar aos existentes para xestiona-la calidade ou os factores medioambientais.O frustrado anteproxecto de Lei de aforro, eficiencia enerxética e enerxías renovables de 2011 asignáballe as seguintes funcións: 

                Seguimento do consumo de enerxía no edificio
                Estudios comparativos de consumo enerxético e emisións de CO2, para detectar                                    desviacións e propoñer alternativas de mellora
                Realizar, aplicar, manter e vixiar un programa de funcionamento das instalacións e equipos                 consumidores de enerxía co fin de da-lo servizo demandado cun custo de enerxía mínimo.
                Subministro de enerxía, supervisando a contratación, a xestión, os orzamentos, etc.
                Contrastar a calidade do subministro
                Vixiancia da normativa

A norma ISO 50001 non inclúe unha definición da figura do xestor enerxético,pero si que incorpora a definición dos elementos fundamentais que debe incluír un sistema de xestión da enerxía e a figura do equipo de xestión da enerxía, como a persoa ou persoas responsables da implementación eficaz das actividades do sistema de xestión da enerxía e da realización de melloras no desempeño enerxético.


A pesar de todo isto, ata que se regule con normativa de obrigado cumprimento, o papel do xestor enerxético non estará realmente controlado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario